Unha cervexa Chang

· Editorial Galaxia
eBook
220
페이지
검증되지 않은 평점과 리뷰입니다.  자세히 알아보기

eBook 정보

Ás veces, cando temos problemas que non sabemos como resolver, cómpre afastarse da realidade e contemplala a distancia.

Para que non nos acabe por engulir. Iso é, nin máis nin menos, o que lle acontece a Daniel, o protagonista desta novela. En plena crise persoal e económica, acentuada por un escuro asunto fraudulento do que foi vítima, decide aproveitar as vacacións de Nadal para descansar lonxe, nunha praia paradisíaca de Tailandia. Só para iso, para que as ameazadoras circunstancias que o abafan, un matrimonio fracasado, un negocio de antigüidades en decadencia, unha familia que lle reclama responsabilidades desmedidas e unha ansia de liberdade que xa parece ilusión va, queden un tempo á marxe e deixen albiscar un horizonte novo. Mais, cando xa está a piques de volver para a casa, aos serios problemas do negocio familiar e á súa contraditoria vida sentimental súmaselle un acontecemento inesperado que vai complicar aínda máis a súa maltreita existencia. Con Unha cervexa Chang, Manuel Portas explora mares narrativos que nunca antes navegara, introducíndonos no mundo da investigación pseudodetectivesca, no do comercio ilegal dos tesouros perdidos, nunha trama en que nada é o que a priori pode parecer.

저자 정보

(Barcelona, 1960) é profesor de lingua e literatura no Instituto Xelmírez I de Santiago, do que é o seu director. Alén da colaboración en obras de carácter didáctico e publicacións pedagóxicas, é coñecido polo seu labor no campo da análise sociolingüística, onde salienta Língua e sociedade na Galiza (1990), obra sobranceira da sociolingüística galega. Denso recendo a salgado (2010) foi a súa primeira novela. Seguírona Un dedo manchado de tinta (2011), Faneca Brava (2013) e Amor en alpargatas (2015). Con Lourenço, xograr obtivo o Premio García Barros en 2015.

이 eBook 평가

의견을 알려주세요.

읽기 정보

스마트폰 및 태블릿
AndroidiPad/iPhoneGoogle Play 북 앱을 설치하세요. 계정과 자동으로 동기화되어 어디서나 온라인 또는 오프라인으로 책을 읽을 수 있습니다.
노트북 및 컴퓨터
컴퓨터의 웹브라우저를 사용하여 Google Play에서 구매한 오디오북을 들을 수 있습니다.
eReader 및 기타 기기
Kobo eReader 등의 eBook 리더기에서 읽으려면 파일을 다운로드하여 기기로 전송해야 합니다. 지원되는 eBook 리더기로 파일을 전송하려면 고객센터에서 자세한 안내를 따르세요.