Planeta bugallo

· Editorial Galaxia
4.0
리뷰 1개
eBook
116
페이지
검증되지 않은 평점과 리뷰입니다.  자세히 알아보기

eBook 정보

Seleccionado no Catálogo de Literatura Infantil y Juvenil OEPLI 2022

Ilustracións de: Blanca Millán

Dous extraterrestres chegan á terra. Falan galego porque o galego é a lingua de todo o Universo. Procuran falantes de galego en Galicia… e cústalles atopalos.

Un libro divertido a nivel cósmico.

평점 및 리뷰

4.0
리뷰 1개

저자 정보

(Alxén, Salvaterra de Miño, 1971) é licenciada en Filoloxía Galego-portuguesa e Filoloxía Hispánica e traballa como profesora de Lingua Galega e Literatura no ensino secundario.

É presidenta e fundadora da Asociación Teatral de Alxén dende 1999, e todas as súas obras de teatro están destinadas a ser interpretadas polo grupo de teatro infanto-xuvenil Ata Sempre, desta asociación. Ademais, imparte talleres de teatro no seu instituto, pois considera que o teatro é unha ferramenta fundamental no ensino.

Algunhas das obras que estes nenos e nenas levaron á escena foron premiadas, como As terapias da doutora Ledicia (2012) cunha Mención de Honra nos Premios Estornela de Teatro Infantil (2014), que convoca a Fundación Xosé Neira Vilas, e foi finalista na Gala do Libro Galego 2016 na categoría de Teatro. Desta mesma gala, pero no ano 2019, foi finalista A formiga fóra do carreiro (2018), obra que acadou un segundo premio como mellor libro de teatro en galego do 2018, en Fervenzas Literarias. Ademais das obras citadas, tamén publicou a novela Bestiario doméstico (2017), todas elas en Editorial Galaxia.

Nada en 1991 nunha pequena aldea de Touro. 

Graduada en Belas Artes pola Universidade de Vigo e cun mestrado en Libro Ilustrado e Animación Audiovisual, pinta dende que ten memoria e ilustra contos dende que é nai

As súas primeiras publicacións chegaron no 2017 con Manuela e A maxia de mamá, e dende entón xa van máis de 30 títulos en galego, castelán, inglés, polaco e chinés, e moitas historias máis, aínda por contar.

이 eBook 평가

의견을 알려주세요.

읽기 정보

스마트폰 및 태블릿
AndroidiPad/iPhoneGoogle Play 북 앱을 설치하세요. 계정과 자동으로 동기화되어 어디서나 온라인 또는 오프라인으로 책을 읽을 수 있습니다.
노트북 및 컴퓨터
컴퓨터의 웹브라우저를 사용하여 Google Play에서 구매한 오디오북을 들을 수 있습니다.
eReader 및 기타 기기
Kobo eReader 등의 eBook 리더기에서 읽으려면 파일을 다운로드하여 기기로 전송해야 합니다. 지원되는 eBook 리더기로 파일을 전송하려면 고객센터에서 자세한 안내를 따르세요.