Na cerna da selva

· Costa Oeste 第 37 冊 · Editorial Galaxia
電子書
148
頁數
評分和評論未經驗證 瞭解詳情

關於這本電子書

Xiao, un rapaz de dezaseis anos, escribe un traballo sobre xabarís co que gaña un premio convocado polo Zoolóxico de Barcelona: unha estadía de cinco semanas en Ruanda en compaña de Dian Fossey, investigadora famosa polos seus traballos de protección e divulgación dos gorilas de montaña. Unha oportunidade única que permitirá que viva en primeira persoa o encontro entre dúas civilizacións, a moderna Europa fronte á descoñecida África, un mundo primitivo, cheo de segredos ancestrais, lendas e coñecementos máxicos. E neste mundo, na cerna da selva, unhas circunstancias alleas a el levarán a Xiao a descubrir cal é a esencia do medo, como se forxa a maldade e a que cheira a morte, vivencias límite que afrontará con Nzigui, un pigmeo co que forxará unha forte amizade.

關於作者

É, como di el, “andaluz de orixe, catalán de nacemento e galego de adopción”, xa que leva desde finais de 2005 asentado en Galicia, en Rois. Estamos diante dun escritor políglota que deu os seus primeiros pasos literarios en catalán, intercalando a escrita dalgunha novela en castelán, para despois desenvolver unha extensa obra en galego. Con máis de sesenta títulos publicados, maioritariamente escritos na nosa lingua, transita por diversos xéneros literarios: libro ilustrado, banda deseñada, ensaio, conto, novela… Dentro da súa produción atopamos, as máis delas, obras infantís e xuvenís, pero tamén hai algunha para o público adulto. Na cerna da selva é a súa primeira novela en Editorial Galaxia.

為這本電子書評分

請分享你的寶貴意見。

閱讀資訊

智能手機和平板電腦
請安裝 Android 版iPad/iPhone 版「Google Play 圖書」應用程式。這個應用程式會自動與你的帳戶保持同步,讓你隨時隨地上網或離線閱讀。
手提電腦和電腦
你可以使用電腦的網絡瀏覽器聆聽在 Google Play 上購買的有聲書。
電子書閱讀器及其他裝置
如要在 Kobo 等電子墨水裝置上閱覽書籍,你需要下載檔案並傳輸到你的裝置。請按照說明中心的詳細指示,將檔案傳輸到支援的電子書閱讀器。