Na cerna da selva

· Costa Oeste Libro 37 · Editorial Galaxia
Libro electrónico
148
Páxinas
As valoracións e as recensións non están verificadas  Máis información

Acerca deste libro electrónico

Xiao, un rapaz de dezaseis anos, escribe un traballo sobre xabarís co que gaña un premio convocado polo Zoolóxico de Barcelona: unha estadía de cinco semanas en Ruanda en compaña de Dian Fossey, investigadora famosa polos seus traballos de protección e divulgación dos gorilas de montaña. Unha oportunidade única que permitirá que viva en primeira persoa o encontro entre dúas civilizacións, a moderna Europa fronte á descoñecida África, un mundo primitivo, cheo de segredos ancestrais, lendas e coñecementos máxicos. E neste mundo, na cerna da selva, unhas circunstancias alleas a el levarán a Xiao a descubrir cal é a esencia do medo, como se forxa a maldade e a que cheira a morte, vivencias límite que afrontará con Nzigui, un pigmeo co que forxará unha forte amizade.

Acerca do autor

É, como di el, “andaluz de orixe, catalán de nacemento e galego de adopción”, xa que leva desde finais de 2005 asentado en Galicia, en Rois. Estamos diante dun escritor políglota que deu os seus primeiros pasos literarios en catalán, intercalando a escrita dalgunha novela en castelán, para despois desenvolver unha extensa obra en galego. Con máis de sesenta títulos publicados, maioritariamente escritos na nosa lingua, transita por diversos xéneros literarios: libro ilustrado, banda deseñada, ensaio, conto, novela… Dentro da súa produción atopamos, as máis delas, obras infantís e xuvenís, pero tamén hai algunha para o público adulto. Na cerna da selva é a súa primeira novela en Editorial Galaxia.

Valora este libro electrónico

Dános a túa opinión.

Información de lectura

Smartphones e tabletas
Instala a aplicación Google Play Libros para Android e iPad/iPhone. Sincronízase automaticamente coa túa conta e permíteche ler contido en liña ou sen conexión desde calquera lugar.
Portátiles e ordenadores de escritorio
Podes escoitar os audiolibros comprados en Google Play a través do navegador web do ordenador.
Lectores de libros electrónicos e outros dispositivos
Para ler contido en dispositivos de tinta electrónica, como os lectores de libros electrónicos Kobo, é necesario descargar un ficheiro e transferilo ao dispositivo. Sigue as instrucións detalladas do Centro de axuda para transferir ficheiros a lectores electrónicos admitidos.