ESCRITOS DE MOCIDADE

· Laiovento
Carte electronică
150
Pagini
Eligibilă
Evaluările și recenziile nu sunt verificate Află mai multe

Despre această carte electronică

Neste volume recóllense unha serie de artigos que Antonio Gramsci escribiu entre os anos 1914-1918, é dicir, inicio e fin da Primeira Guerra Mundial e a aparición, súbita, cara ao leste, da Revolución bolxevique. Escritos de mocidade ilustra o itinerario socialista do Gramsci mozo: proposición de entrada en guerra de Italia a carón dos aliados e influencias da esquerda anti-conflito reunida en Zimmerwald, contacto coa clase obreira turinesa e o espectáculo dos seus combates, o esforzo por elaborar unha vía orixinal italiana do marxismo, contra as influencias positivistas e por un retorno ás posición hegelianas vía Benedetto Croce, o encontro coa definición rusa e o esforzo por definir o bolxevismo. Mais tamén un esforzo para introducirse na cultura popular, nas canles de difusión da cultura burguesa, por elevar o ton e o fondo das mensaxes dirixidas ao proletariado, o enfrontamento coa vella garda socialista e co reformismo. Aínda que ás veces estes artigos ou traballos se resenten do seu formato xornalístico, non deixan de conformar as bases do que serán, na súa madureza, as constantes do pensamento gramsciano: estudo da cultura e literatura populares, a función dos intelectuais, a construción dun partido revolucionario, a hexemonía do proletariado, a estratexia para unha revolución en Occidente, etc. Hoxe, como sempre pero talvez máis que nunca, o lector pode tirar leccións e ensinanzas destes escritos xuvenís de Gramsci para comprender o mundo actual

Evaluează cartea electronică

Spune-ne ce crezi.

Informații despre lectură

Smartphone-uri și tablete
Instalează aplicația Cărți Google Play pentru Android și iPad/iPhone. Se sincronizează automat cu contul tău și poți să citești online sau offline de oriunde te afli.
Laptopuri și computere
Poți să asculți cărțile audio achiziționate pe Google Play folosind browserul web al computerului.
Dispozitive eReader și alte dispozitive
Ca să citești pe dispozitive pentru citit cărți electronice, cum ar fi eReaderul Kobo, trebuie să descarci un fișier și să îl transferi pe dispozitiv. Urmează instrucțiunile detaliate din Centrul de ajutor pentru a transfera fișiere pe dispozitivele eReader compatibile.