As malas mulleres

· Editorial Galaxia
電子書
248
頁數
評分和評論未經驗證 瞭解詳情

關於這本電子書

PREMIO BLANCO AMOR 2020

A través das páxinas de As malas mulleres, asistimos a unha dura e apaixonante viaxe polo tramo final do século XIX, nunha historia a varias voces, a de Sisca, de 15 anos, presa por non seren as mulleres donas do seu corpo; as de mulleres como Concepción Arenal, visitadora de prisións; e Juana de Vega, cruciais para entendermos a nosa historia e as do “mudo coro das malas mulleres”, que entoa prantos sobre encontros cos predadores sexuais.

A novela está escrita contra a desmemoria, para recuperar a memoria das excluídas, reclusas no cárcere da Galera, da Coruña, en 1863. Unha atención ás excluídas onde Arenal e Juana de Vega, traballando a prol da dignificación das persoas, foron pioneiras. Asemade é un canto ao papel dos libros e a lectura en mellorar a vida das persoas, en dar esperanza ás desesperadas.

Como é habitual na obra de Marilar Aleixandre, a novela vai enmarcada nun ton poético e, sobre todo, nunha trama ben armada e chea de rexistros literariamente moi potentes.

關於作者

Marilar Aleixandre. Nacida en Madrid en 1947, é licenciada en Bioloxía e profesora de Didáctica das Ciencias na USC. Instalada en Galicia desde 1973, adoptou o galego como lingua literaria. As súas primeiras obras foron narracións dirixidas aos lectores máis novos, como A formiga coxa (1989) e O rescate do peneireiro (1990). Continuou con libros para adolescentes como Nogard (1994) e a novela de aventuras A expedición do Pacífico (1994), coa que obtivo os premios Merlín e Lousada Diéguez. A novela que a deu a coñecer nun ámbito máis amplo foi Tránsito dos gramáticos (1993), unha orixinal intriga ambientada nunha Compostela futurista. En 1996 publicou a colección de relatos Lobos nas illas. Con A Compañía Clandestina de Contrapublicidade gañou a IV edición do Premio Álvaro Cunqueiro de narrativa (1998). En 2001 publicou Unha presa de terra. Recibiu o Premio Xerais de Novela 2001 por Teoría do Caos. Recibiu o galardón Letra E concedido pola AELG. Na Asemblea Xeral do Congreso Ibby de Literatura Infantil e Xuvenil, celebrado en setembro de 2010 en Santiago de Compostela, foi nomeada membro do Comité Executivo da organización.

為這本電子書評分

請分享你的寶貴意見。

閱讀資訊

智能手機和平板電腦
請安裝 Android 版iPad/iPhone 版「Google Play 圖書」應用程式。這個應用程式會自動與你的帳戶保持同步,讓你隨時隨地上網或離線閱讀。
手提電腦和電腦
你可以使用電腦的網絡瀏覽器聆聽在 Google Play 上購買的有聲書。
電子書閱讀器及其他裝置
如要在 Kobo 等電子墨水裝置上閱覽書籍,你需要下載檔案並傳輸到你的裝置。請按照說明中心的詳細指示,將檔案傳輸到支援的電子書閱讀器。